Acoso Moral | Mobbing | Maltrato | Hostigamiento

     
El Refugio de Esjo

Mobbing
Acoso psicológico

 
 

Malestar na Función Pública
SALVADOR GARCÍA-BODAÑO

 

Non é pouco o desconcerto e o descontento que se vén percibindo no persoal da Xunta de Galicia, reflectido tamén expresamente dende as organizacións sindicais máis activas (entre elas e en lugar sobranceiro a CIG).

E por se non chegase abondo con toda a confusión e a revoeira de substitucións (non só nos altos cargos cubertos polos políticos) que se derivaron do cambio de goberno, agora veñen exacerbar máis aínda a tensa situación as declaracións do ministro Jordi Sevilla acerca dun novo Estatuto da Función Pública. Nas súas manifestacións en relación co contido normativo (feitas un tanto así a ver que reacción producen), anúncianse unha serie de medidas a incluírense no texto que, dende logo, deixan entrever con toda claridade que foron pensadas e redactadas dende unha óptica de control político, máis que dende unha pretendida eficacia administrativa. E isto, precisamente, cando aquí se anda coa negociación da modificación da Lei de Función Pública galega. Con relación ao nivel de competencia dos novos altos funcionarios e maila eficaz experiencia dos seus cadros adxuntos, a propia Confederación Intersindical Galega, no seu último boletín (145) fai referencia –con motivo de estaren a negociar as actuais Relacións de Postos de Traballo (RPTs)– a un certo estado de caos organizativo en diferentes consellerías, pois as relacións que lles están a presentar "non teñen por onde collelas: facendo algunhas excepcións, todas están cheas de erros, códigos que non se corresponden, prazas que non existen, niveis mal, etc., e por riba de todo, o desembarco xa dun xeito oficial de tropecentos docentes para prazas de libre designación (LD). Non só seguen a ser LD, contra as promesas electorais, senón que agora se abren para os amigos da docencia, expulsando o criterio da profesionalidade das RPTs". Faise duro ter que admitir que "PSOE e BNG dan un novo paso así na conversión da Xunta nunha axencia de colocación; antes eran os de novas xeracións, agora os de novas sensacións; trátase de unha banda de contentar a docentes aburridos, os chicos de Romeu, e crear algo de currículo para as próximas eleccións. A dedo. Quen paga? Os presupostos da Xunta, a profesionalidade da administración, o persoal funcionario de administración xeral e especial a quen queren desarmado ante o desembarco dos paracaidistas". Dicíame este xoves unha amiga da CIG Ensino, "para esta viaxe non facían falla tantas alforxas". Pero conste que nada está a pasar desapercibido. Os funcionarios supoñen a estabilidade fronte o cambio, e son os garantes de que, cando unha Administración cambia de signo político, os traballos administrativos sigan a facérense sen interrupcións nin incompetencias. Os funcionarios son a base da Administración do Estado, fan que a normativa administrativa se cumpra, e ás veces isto é moi incomodo para un político. Os funcionarios do grupo A, por exemplo, han de aprobar unhas durísimas oposicións ás que concorren milleiros de aspirantes para as prazas vacantes. Como para que agora se lles pretenda precarizar o seu posto a criterio de alguén, vaia a saberse con que escuras intencións (mobbing, acoso laboral, presión política, etc), que afirme a súa ineficacia. Tamén os catedráticos por oposición son funcionarios e non creo que o Sr. Sevilla pense en removelos dos seus postos. Ademais, existen xa mecanismos de avaliación do traballo dos funcionarios como son as Inspeccións de Servizos, que todos os anos avalían o traballo das unidades administrativas.

Entre outras, estas razóns abondan para que no novo Estatuto da nación galega se acorde unha áxil Administración "galega, plural e profesional".

 

Fuente:www.elcorreogallego.es
Abril 2006

Inicio
Biblioteca del Mobbing
Artículos opinión
Testimonios
Noticias
Mobbing Latinoamérica
Foros de mobbing

 

 

 
 
     
Mobbing  OPINION
Boletín de noticias sobre acoso psicológico
El Refugio de Esjo